Feeds:
Artigos
Comentarios

Tan só dúas semanas despois da publicación do comentario de Xurxo González sobre Fragmentos de Brand, o blog Acto de Primavera volve a publicar un novo comentario sobre o filme. Trátase esta vez dun texto escrito por Miguel Castelo, que estivo na proxección que fixemos no CGAI.

 

miguel_castelo

 

Para ler o comentario completo pincha aquí.

Advertisements

Xurxo González foi unha das primeiras persoas, alleas ao equipo da película, que viu Fragmentos de Brand. Foi el quen nos puxo en contacto con Martin Pawley para facer a estrea en Cineuropa. Agora, escribe no blog Acto de Primavera un comentario sobre a película, onde reflexiona sobre a tensión entre cine e teatro.

Para ler o comentario completo pincha aquí.

AdP1

Fragmentos_de_Brand_1

Este sábado 4 de maio ás 18.00 horas, Fragmentos de Brand poderá verse na Coruña, dentro do ciclo Off Galicia que o CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) dedica ás últimas producións audiovisuais da comunidade.

logo

portada_dioivo

María Varela entrevista no Dioivo a Carlos Alvarez-Ossorio co motivo da próxima proxección de Fragmentos de Brand no CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) o 4 de maio de 2013. Para ler o artigo completo pincha aquí.

Vodpod videos no longer available.

Entrevista a Carlos Alvarez-Ossorio emitida no programa ZigZag da TVG o 20 de decembro de 2012.

Algúns falan do final da Historia.

Hai outros que din que nos encontramos nos últimos días do Cine.

Non creades nin aos un nin aos outros!

E a industria do Cine, e os Museos do Cine celebran ao longo e ao largo do mundo o centenario do cine; e falan dos millóns de dólares que os seus cines ingresaron; e discuten dos seus Hollywoods e das súas estrelas, pero ningún fai mención ao avantgarde, aos independentes, ao NOSO CINE. Eu vin os programas, os catálogos dos museos, e os arquivos, e as cinematecas por todo o mundo. Eu sei de que cine están a falar.

Pero quero aproveitar esta ocasión para dicir o seguinte:

Nestes tempos da enormidade, das películas para o grande espectáculo, de producións de centos de millóns de dólares, quero tomar a palabra a favor do pequeno, dos actos invisibles do espírito humano, tan sutís, tan pequenos que morren en canto se lles coloca baixo a luz solar.

Quero brindar polas pequenas formas cinematográficas, as formas líricas, os poemas, as acuarelas, os ensaios, os bosquexos, as postais, os arabescos, as letriñas e as bagatelas, e os pequenos cantos en 8 mm.

Nestes tempos nos que todo o mundo ansía ter éxito e vender, eu quero brindar por aqueles que sacrifican o éxito social pola busca do invisible, do persoal, cousas que non reportan diñeiro nin pan, e que tampouco che fan entrar na Historia Contemporánea, na Historia da Arte ou en calquera outra Historia.

Eu aposto pola arte que facemos os uns polos outros por amizade, por si mesmo. Eu plántome en metade da Autoestrada da Información e río, porque o bater das ás dunha bolboreta sobre unha pequena flor, nalgunha parte, basta, eu o sei, para cambiar a fondo o curso enteiro da Historia. O pequeno e doce troupeleo dunha cámara Súper 8 no sueste de Manhattan e o mundo enteiro xa non será o mesmo.

A verdadeira historia do cine é invisible, a historia de amigos que se encontran, que fan o que aman.

Para nós o cine comeza con cada novo murmurio do proxector, con cada novo murmurio das nosas cámaras, os nosos corazóns abrázanse os meus amigos!

Jonas Mekas

(Este texto está sacado do Blog de Intermedio. É un texto publicado en Trafic número 23 e traducido do francés ao castelán por Carlos Esbert na revista Cabeza Borradora número 2)

Terceira entrega dos extractos da rodaxe feitos por Manuel del Río. Nesta ocasión, adentrámonos na noite na Ermida de San Pedro, en Asados.